lunes, 26 de abril de 2010

Obxetos perdidos





Parte do que encontramos no faiado...

Xa pasaron 10 anos dende que entrei por derradeira vez na casa da miña avoa, ahora da miña nai. E é curioso como recordos que parecían ser imposibles de esquecer, quedan escondidos na memoria, ata que saltan de súpeto. Foi esta finde pasada, cando quitamos o mantel de ule da mesa da cociña para limpala e atopamos aínda restos de fariña na madeira. A miña avóa era unha magnífica cociñeira, a mellor: facíao todo ela e os sábados tocaba facer pan. Botaba o ule cara a parede e comezaba a amasar unha bola enorme, da que repelaba un anaco para cada neto e facíanos unha boliña a cada un...