martes, 15 de septiembre de 2009

Fervenzas do Tourón





Este finde dinme conta da diferencia entre "vertixe" e "medo a caer". E foi cando tiven que subir por unha parede de pedra a esta fermosísima fervenza que hai en Melón (Ourense).

martes, 25 de agosto de 2009

Eran outros tempos




Arriba miña nai. Os meus avós tiñan un bar e cando miña nai chegou coa foto, pousouna no mostrador para que a viran. Coincidiu que se atopaba por alí un viaxante coñecido e escribiulle nun canto "Juapa" como se pode ver.
Abaixo, meu pai e miña tía, sorprendidos xa que na sua vida viran unha cámara antes. Peiteados para a ocasión...
Recordos d'outros tempos.

miércoles, 19 de agosto de 2009

Nada que facer...




... e unha cámara cerca...

Xa falta menos...de hoxe en dous meses, estes dous de eiquí, estaremos pisando terras Nova Zelandesas!!
Non temos nada preparado, sabemos que o chegar teremos unha caravana esperandonos e 21 días por diante para coñecer as islas. Suficiente, ¿non?

jueves, 6 de agosto de 2009

Bombóns pra celebralo...



...aínda que eu quedei con pena...
Rematou o curso de foto. Un curso polo que estiven agardando anos... unha parte polos cartos, outra pola inseguridade e os "¿para que vas a hacer un curso?".
Pois sí, fíxeno e aprendín moito, ¡e máis que me queda!
Aquí queda a última foto que fixen ;D

jueves, 2 de julio de 2009

Pintar e pintar





Fai cousa dun ano e medio, apunteime a clases de pintura. En parte para aprender, pero tamén para distraerme e pasar un par de horas cheirando os óleos ;D
Velaquí están os meus dous primeros cadros "serios", os dous para regalar, que o fin é o que máis me gusta. Polo de agora, so pintei cousiñas de Klimt, o próximo será Hundertwasser...¡pero ese quédomo!
Xa sabedes, se hai a alguén que lle guste o que fago, acepto encargos...

lunes, 15 de junio de 2009

Etelvina



Emigrante nos anos 60. Presume de que sabe falar inglés, aínda que eu non lle entendo nada...
Nai a distancia, avoa a distancia, muller a distancia... paréceme que non estaban namorados. Apenas falaban, durmían en habitacións separadas e nunca lles vin un xesto de cariño entre eles, pode que os gastasen todos con nós...

sábado, 6 de junio de 2009

Tempo atrás






Algunhas fotos da miña familia. Uns están, outros xa non...