jueves, 2 de julio de 2009

Pintar e pintar





Fai cousa dun ano e medio, apunteime a clases de pintura. En parte para aprender, pero tamén para distraerme e pasar un par de horas cheirando os óleos ;D
Velaquí están os meus dous primeros cadros "serios", os dous para regalar, que o fin é o que máis me gusta. Polo de agora, so pintei cousiñas de Klimt, o próximo será Hundertwasser...¡pero ese quédomo!
Xa sabedes, se hai a alguén que lle guste o que fago, acepto encargos...

lunes, 15 de junio de 2009

Etelvina



Emigrante nos anos 60. Presume de que sabe falar inglés, aínda que eu non lle entendo nada...
Nai a distancia, avoa a distancia, muller a distancia... paréceme que non estaban namorados. Apenas falaban, durmían en habitacións separadas e nunca lles vin un xesto de cariño entre eles, pode que os gastasen todos con nós...

sábado, 6 de junio de 2009

Tempo atrás






Algunhas fotos da miña familia. Uns están, outros xa non...

martes, 31 de marzo de 2009

Perdidos por Berlín

Podería por centos de imaxes de Berlín, de todolos seus monumentos, incribles edificios e inmensas avenidas... pero o que máis me gustou, sen dúbida, foron os recunchiños que fomos atopando polo camiño, a maior parte deles tintados de abandono e a vez cheos de vida por todo o que estaba rodeado.


viernes, 6 de febrero de 2009

Comezamos...


Negra, prateada e pesada. Cando era nena pasaba horas analizando a Werlisa dos meus pais, facendo fotos sen carrete... ahí comezou todo...
E aquí continua...

Foto por pBotana