martes, 15 de septiembre de 2009

O Faiado



Fai anos, cando nos xuntabamos tantos na casa da miña avoa que non chegaban as camas, subiamos a durmir a casa da miña tía.
Esta casa fora xa propiedade do médico do pobo. Un home que co tempo "perdeuno" todo e o que nos seus derradeiros anos meus avós, que traballaban para el, cuidaron. Antes de morrer, meu avó empregou os seus aforros en comprarlle a casa e a partir de ahí comeza a historia.
Éramos pequechas, medrentas e o feito de durmir soas nunha casa tan grande e oscura, era unha aventura. Pasabamos toda a noite inventando contos de medo e con cada ruído as historias facíanse máis certas... e este é o faiado de todas as nosas invencións...

1 comentario:

  1. Vivir na casa do médico...
    case nada chavalita...
    case á altura da casa do cura ou a casa do maestro...
    ...túsiquevales...

    ResponderEliminar