A vida da moitas voltas e polo camiño imos deixando xente atrás sen querer. Unhas veces por descuido, outras por distanciamento e as menos, no meu caso, por desilusións.
Hai amigos de hoxe e amigos de antes: os de hoxe están ahí porque o demostran cada momento e os de antes aparecen de novo un día para quedarse. Xente ca que levas anos sen falar, un día tomas un café e daste conta de que non chegan as horas... e parece que en vez de 12 anos, pasaron 12 días...
Teño sorte.
Con cariño para O faiado de Iván.
Supoño que coas persoas pásanos igual que cos lugares: todos acabamos volvendo ao que nos gusta e nos que nos fai sentir ben. Supoño que tamén se teñen que dar as condicións necesarias para os reencontros: o egoísmo dos que os precisamos, e a xenerosidade dos que se ofrecen.
ResponderEliminarMoitas grazas, por todo.
Eu tamén teño sorte