martes, 13 de octubre de 2009

Comeza a conta atrás...

Nova Zelanda


_Illa Norte_


_Illa Sur_

Por fin... este sábado é o día.
Polo de agora só temos a posible ruta e moitas ganas ;D
Saímos o sábado as 10 da mañá de Vigo, rumbo Barcelona. Alí pasaremos todo o día e o domingo partimos cara Auckland, vía Singapur. Un total de case 24 horas de avión...fff...
E cando voltemos, dentro dun mes, xa vos contarei.

martes, 15 de septiembre de 2009

O Faiado



Fai anos, cando nos xuntabamos tantos na casa da miña avoa que non chegaban as camas, subiamos a durmir a casa da miña tía.
Esta casa fora xa propiedade do médico do pobo. Un home que co tempo "perdeuno" todo e o que nos seus derradeiros anos meus avós, que traballaban para el, cuidaron. Antes de morrer, meu avó empregou os seus aforros en comprarlle a casa e a partir de ahí comeza a historia.
Éramos pequechas, medrentas e o feito de durmir soas nunha casa tan grande e oscura, era unha aventura. Pasabamos toda a noite inventando contos de medo e con cada ruído as historias facíanse máis certas... e este é o faiado de todas as nosas invencións...

Fervenzas do Tourón





Este finde dinme conta da diferencia entre "vertixe" e "medo a caer". E foi cando tiven que subir por unha parede de pedra a esta fermosísima fervenza que hai en Melón (Ourense).

martes, 25 de agosto de 2009

Eran outros tempos




Arriba miña nai. Os meus avós tiñan un bar e cando miña nai chegou coa foto, pousouna no mostrador para que a viran. Coincidiu que se atopaba por alí un viaxante coñecido e escribiulle nun canto "Juapa" como se pode ver.
Abaixo, meu pai e miña tía, sorprendidos xa que na sua vida viran unha cámara antes. Peiteados para a ocasión...
Recordos d'outros tempos.

miércoles, 19 de agosto de 2009

Nada que facer...




... e unha cámara cerca...

Xa falta menos...de hoxe en dous meses, estes dous de eiquí, estaremos pisando terras Nova Zelandesas!!
Non temos nada preparado, sabemos que o chegar teremos unha caravana esperandonos e 21 días por diante para coñecer as islas. Suficiente, ¿non?

jueves, 6 de agosto de 2009

Bombóns pra celebralo...



...aínda que eu quedei con pena...
Rematou o curso de foto. Un curso polo que estiven agardando anos... unha parte polos cartos, outra pola inseguridade e os "¿para que vas a hacer un curso?".
Pois sí, fíxeno e aprendín moito, ¡e máis que me queda!
Aquí queda a última foto que fixen ;D

jueves, 2 de julio de 2009

Pintar e pintar





Fai cousa dun ano e medio, apunteime a clases de pintura. En parte para aprender, pero tamén para distraerme e pasar un par de horas cheirando os óleos ;D
Velaquí están os meus dous primeros cadros "serios", os dous para regalar, que o fin é o que máis me gusta. Polo de agora, so pintei cousiñas de Klimt, o próximo será Hundertwasser...¡pero ese quédomo!
Xa sabedes, se hai a alguén que lle guste o que fago, acepto encargos...